jueves

Tigres rabiosos (mexillóns picantes)

Tigres rabiosos (Mexillóns picantes)Ingredientes:

  • 1 Kg. de mexillóns
  • 50 grs. de aceite
  • 500 grs. de tomates pelados e triturados
  • 2 dentes de allo
  • 1 cebola pequena
  • Caldo de abrir os mexillóns
  • ½ vaso de viño branco
  • 1 guindilla pequena





 Instrucións:


Abrir os mexillóns nun fondo de augua fervendo e deixar que cozan uns 10 minutos. Quitarlles unha cuncha e reservar. Colar o caldo e reservar.
No aceite, sofritir o allo e a cebola moi picadiños. Engadir o tomate triturado, salgar e deixar fritir uns 10 minutos. Incorporar a guindilla, o viño e ½ vaso do caldo de abrir os mexillóns que reserváramos. Deixar reducir, cocendo outros 10 minutos aproximadamente. Rectificar o sal.
Colocar os mexillóns nunha fonte e servir coa salsa por enriba.

No hay comentarios:

Publicar un comentario