Ingredientes:
- 400 grs. de calamares
- 400 grs. de patacas
- 2 culleradas sopeiras de aceite
- Pemento doce e/ou picante
- Loureiro
- Sal
- Instrucións:
Póñense a coce-las patacas en auga con sal e unha folla de loureiro (optativo). Mentres, nunha tarteira cun pouco de aceite saltéanse os calamares limpos e troceados. Sazónanse, tápanse e déixanse facer a lume mediano-lento ata que estean tenros.
Unha vez cocidas as patacas dispóñense nunha fonte xunto cos calamares. Empóanse con pemento, que pode ser doce, picante ou unha mestura dos dous, e réganse cun chisco de aceite de oliva.
No hay comentarios:
Publicar un comentario