jueves

Ameixas ao Ribeiro

Ameixas ao RibeiroIngredientes:

  • 400 grs. de ameixas
  • 1 vaso de viño branco do Ribeiro
  • 1 culleradiña de fariña
  • ½ cebola
  • Sal
  • Aceite
  • Perexil picado


  Instrucións:


Nunha tixola dourar en aceite a cebola picada moi fina. Cando estea case dourada engadi-la fariña, refogándoa para que no saiba a crú, e o viño branco do Ribeiro. Cando a salsa empece a espesar, incorpora-las ameixas e deixar cocer ata que estean todas abertas. Empoar con perexil picado e servir. Non aproveita-las ameixas que non se abran.

No hay comentarios:

Publicar un comentario