sábado

Tortiñas de pataca


Tortiñas de pataca




Ingredientes:

  • 1 kg. de patacas
  • 1 cebola
  • 2 ovos
  • 1 culleradiña de sal
  • 1 culleradiña de fariña
  • aceite para fritir

Instrucións:

Pelar as patacas e poñelas nun coador e prensalas para que escurra a auga. Picar moi miuda a cebola e engadila ás patacas. Incorporar o resto dos ingredientes e mesturar ben. Quentar unha tixola cun chisco de aceite e botar unha cullerada sopeira da mestura, aplastándoa para que quede unha tortiña plana. Cociñar ata que estea dourada por ámbolos dous lados. Proceder igual co resto da mestura ata rematala.

No hay comentarios:

Publicar un comentario