viernes

Albóndegas en salsa



Temporada: Todo o ano     Persoas: 2

Ingredientes:

    Albóndegas en salsa
  • 200 grs de carne de tenreira
  • 200 grs de carne de porco
  • 3 dentes de allo
  • 2 cebolas
  • 2 ovos
  • Leite
  • Fariña
  • Pan relado
  • Perexil picado
  • 1 cenoria
  • 1 pemento vermello
  • 3 tomates
  • Viño branco
  • Ourego
  • Sal
  • Azucre
  • Aceite de oliva

  • Instrucións: 

  • Para prepara-las albóndegas faise un picadiño coas carnes, 1 cebola, 1 dente de allo, o perexil picado, os 2 ovos, un chorriño de leite e pan relado. Envólvesen en fariña, frítense e resérvanse. Nunha tixola prepárase a salsa de cinco verduras: 1 pemento vermello, 1 cebola, 1 cenoria e 2 dentes de allo. Antes de engadi-los 3 tomates pelados e limpos de pepiñas, incorpórase unha cullerada de fariña, viño branco e sal e, xa cos tomates, unha pizca de azucre. Déixanse cocer tódalas verduras 15 minutos e logo se trituran e colan. Na salsa resultante, que se condimenta con ourego, cócense as albóndegas de 20 a 25 minutos. Sérvense acompañadas de patacas fritas ou de macarróns cocidos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario